O noso equipo de fútbol sala feminino en Ferrol

O noso equipo de fútbol sala feminino en Ferrol

Presentámosvos ás xogadoras de Segunda División Nacional do Valdetires F.S.F.

O primeiro equipo do Valdetires F.S.F.

O noso primeiro equipo de fútbol sala feminino en Ferrol conta cun total de 15 xogadoras. Elas son a base do noso club e as encargadas de representar os valores tanto do Valdetires F.S.F. como do fútbol sala feminino en xeral en cada un dos partidos. O adestrador é Manu Lombardía. A unión das xogadoras é o que nos conduce cara ao éxito en cada encontro e, desde o club, se deposita unha confianza total nelas.

As 15 xogadoras do Valdetires F.S.F. conforman un equipo de xente nova e de calidade, capaz de facer vibrar á afección con cada partido de fútbol sala en Ferrol e en campos rivales. Os seus logros son tamén da afección que segue o fútbol sala feminino en Ferrol e iso foi o que levou ao club a conformar unha gran familia unida pola paixón polo fútbol sala feminino.

Coñece ás xogadoras

Leticia Rojo (18)

Leticia Rojo (18)

Leticia Rojo, de 29 anos, chega nesta tempada 2024/2025 ao noso equipo de fútbol sala en Ferrol para ocupar a portería. Ven do Viaxes Amarelle F.S.F. e leva xogando sete anos na Primeira División de fútbol sala feminina. Achegará seguridade e experiencia no terreo de xogo.

Sheila González (2)

Sheila González (2)

A pivote Sheila González, tamén coñecida como "Peli" é unha das máis veteranas do fútbol sala en Ferrol, pois xa suma 18 tempadas cos colores do Valdetires F.S.F. aos seus 32 anos. Seis veces campioa de liga, catro ascensos a Primeira División e unha participación en 10 play-off.

 Andrea Alvite (12)

Andrea Alvite (12)

Andrea Alvite incorpórase na tempada 2024/2025 ao noso equipo de fútbol sala feminino en Ferrol para ocupar a posición de ala-pivote. Aos seus 20 anos, xogou no Poio Pescamar F. S.e no Viaxes Amarelle F.S.F. Chega ao Valdetires F.S.F. para achegar calidade, resistencia e velocidade.

Ana López (4)

Ana López (4)

Ana López García xoga o seu segundo ano no noso club de fútbol sala feminino en Ferrol na posición de peche. Aos seus 22 anos xa acumula no seu palmarés un título de liga e un ascenso a Primeira División de fútbol sala feminino. Os seus valores son a seguridade defensiva e a contundencia.

Alba Otero (6)

Alba Otero (6)

Alba Otero achega por segundo ano consecutivo o seu esforzo no terreo de xogo co Valdetires F.S.F. como ala. Con 21 anos, a xogadora do club de fútbol sala en Ferrol logrou un ascenso a Segunda División Nacional e a participación nos play-off de ascenso a 1.ª División.

Carolina Senra (7)

Carolina Senra (7)

Carolina Senra, que suma catro tempadas no Valdetires F.S.F., volve a vestir os colores como peche-ala. Con 15 anos debutou na Primeira División Nacional de fútbol sala feminino e na tempada 2023/2024 disputou os play-offs á máxima categoría.

Julia Rodríguez (9)

Julia Rodríguez (9)

Julia Rodríguez suma a súa segunda tempada coas verdes. De 19 anos, a xogadora de posición ala-peche foi convocada para a selección galega sub-19. Nesta tempada 2024/2025 seguirá achegando a súa visión de xogo, tranquilidade e proxección ao equipo.

 Cristina (10)

Cristina Caciorgna (10)

A italiana Cristina Caciorgna, de posición ala-pivote, continúa por segundo ano no noso equipo de fútbol sala feminino en Ferrol. Aos seus 34 anos conta cun palmarés no que se inclúe un campionato de Italia na Segunda División e o ascenso á máxima categoría nese país.

María Lence (13)

María Lence (13)

María Lence viste os colores do Valdetires F.S.F. desde 2023. Con tan só 19 años, a xogadora de posición ala achega ao equipo disciplina, así como calidade e velocidade no terreo de xogo. Disputou os play-off de ascenso á 1.ª División Nacional.

Laura del Rosario (19)

Laura del Rosario (19)

Laura del Rosario suma tres tempadas no noso equipo de fútbol sala en Ferrol. De posición peche-ala e con 24 anos, xogou na Primeira División co Poio Pescamar F.S., Alcorcón y Leganés. Achega seguridade, marcaxe e un compromiso co traballo en equipo.

Natalia (24)

Natalia Mytrofanska (24)

A ucraína Natalia Mytrofanska volve a ocupar a portería das verdes. Cun amplo palmarés en competicións europeas as súas costas, a xogadora de fútbol sala feminino achega seguridade, forza e equilibrio ao equipo.

Lara Díaz (10)

Lara Díaz (10)

Lara Díaz é outra das nosas pivotes. Con 24 anos, logrou un ascenso a Primeira División Nacional. A potencia, asociación e definición son as características que a definen durante os partidos na pista de fútbol sala.

Luinyelis Angulo (5)

Luinyelis Angulo (5)

De nacionalidade venezolana, a pivote Luinyelis Angulo, máis coñecida como Luin, xoga a súa segunda tempada no Valdetires F.S.F. Foi dúas veces campioa da Copa Libertadores e convocada en cinco tempadas para a selección de Venezuela de fútbol sala. Achega potencia e calidade.

María Corral (14)

María Corral (14)

María Corral, con só 24 anos, chega desde o equipo Amistade de Meirás de fútbol 11 para adentrarse de pleno no fútbol sala feminino en Ferrol da man do Valdetires F.S.F. Xoga na posición ala-pivote e encárgase de completar o xogo do equipo.

Apoia ao equipo en Ferrol

Se queres apoiar ao noso equipo de fútbol sala feminino en Ferrol, faite socio do Valdetires F.S.F. para non perderte ningún partido na casa. O carné é gratis para os nenos de 0 a 10 anos, para os aficionados junior (ata os 15 anos) ten un custe de 15 € e para os adultos custa 30 €. Únete a esta gran familia!

Faite socio